
Mecanismos de acción social do Concello de Monforte de Lemos
Información sobre mecanismo, destinatarios e requisitos
Os habitantes de Monforte de Lemos dispoñen da posibilidade de acollerse a unha tarifa bonificada para as familias numerosas. Aplicarase una dedución do 50 % sobre a cota íntegra de familias numerosas e rexerase polo establecido nos artigos 23 e 24 do Regulamento do canon de auga e coeficiente de descarga, sendo competente a administración tributaria para o establecemento do modelo normalizado de solicitude e para a súa recepción, tramitación e resolución. A Xunta de Galiza tramitará o expediente e informará a Aqualia da súa resolución.
Os interesados en solicitar a tarifa bonificada e que cumpran os requisitos establecidos en "Canon da Auga: (Ente Público Augas de Galicia): DOGA 249 de 31 de decembro de 2013" deberán achegar la documentación requirida polo Ente Público Augas de Galicia na seguinte ligazón:
Dedución no canon da auga, canon de xestión de depuradoras e canon de xestión de redes de colectores para familias numerosas - Sede Electrónica Xunta de Galicia
Documentación necesaria para solicitar a bonificación na tarifa
Solicitude de Tarifa Especial de Beneficiencia
Os contribuíntes beneficiarios da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA). Para gozar desta exención deberán acreditar o cumprimento das condicións que motivan o seu outorgamento e a solicitude deberá ser informada polos Servizos Sociais do Concello.
A exención quedará sen efecto cando desaparezan as circunstancias persoais que o motivaron. Pagaran, nos usos domésticos, os consumos entre 0 e 10 metros cúbicos, ao bimestre, mínimo tarifado, o metro cúbico a 0,0475 €. Considérase consumo mínimo a cota xeral para todos os abonados e consumo entre 0 e 10 metros cúbicos.
Os interesados en solicitar a tarifa bonificada e que cumpran os requisitos establecidos en "B.O.P de Lugo, núm. 299 – sábado, 31 de decembro de 2022" deberán dirixirse a Servizos Sociais do Concello de Monforte de Lemos.
Real decreto (lei) 1/2021, do 19 de xaneiro, de protección dos consumidores e usuarios fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica
De acordo co Real decreto (lei) 1/2021, do 19 de xaneiro, de protección dos consumidores e usuarios fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica, Aqualia pon a dispor dos usuarios a solicitude de acreditación da vulnerabilidade.
Cómpre acreditar a situación de vulnerabilidade presentando este formulario correctamente cuberto xunto coa documentación requirida no documento e presentalo nas oficinas de Atención ao Cliente de Aqualia ou ben cargalo a través desta web.
O Bono Social enmárcase no firme compromiso que Aqualia adquire cos concellos nos que presta servizo para achegar as mellores solucións, tanto técnicas coma sociais e ambientais, en beneficio dos cidadáns.